A gaita como instrumento de estudo

Dende os anos 80 do século pasado, e ligado a unha corrente na que resurdíu un interese pola cultura galega en xeral, observouse un aumento exponencial en canto ao número de estudantes do noso instrumento. Aflorou a creación de asociacións culturais e escolas de música tradicional nas que se formaron milleiros de gaiteiras e gaiteiros, creáronse un gran número de grupos e bandas nos que a música tradicional era a pía sobre a que xiraba a súa actividade e mesmo se incluíu a gaita como instrumento de estudo a nivel superior.

Foron sen dúbida grandes avances en canto a súa consolidación nas novas xeracións como símbolo identitario de Galicia, mais corenta anos despois aínda falta moito camiño por andar ata chegar a un punto no que o seu estudo se estandarice a nivel local, onde o estudante poida optar a unha formación regrada na súa etapa de formación que se equipare á doutros instrumentos que son ofertados en conservatorios e escolas de música, e lle permita seguir profundizando no seu estudo a outros niveis unha vez finalizada esta etapa. E ti, atreveríaste a tocar a ser gaiteir@?


Info sobre o autor

100x100
Álvaro Rúa Manso
Gaiteiro, mestre, compositor e gran amante da música tradicional. Actualmente é un dos directores da Banda de Gaitas Nova Era. Titulado Superior na especialidade de Intrumentos da música tradicional e popular de Galicia.

Comentarios (0)


Engadir un comentario