"Faladoira"

Nova Era lanza unha nova sección na que os membros de Nova Era contan a súa experiencia e opinión arredor da música tradicional en 10 respostas.

Deste xeito, podrás coñecer de primeira mán as persoas que forman esta Banda.

E ti, queres unirte a esta aventura? Se tocas algún instrumento, non dubides en contactar con nós a través das redes sociais ou no correo: [email protected]

Rumbo NE

O noso primeiro traballo de estudo é toda unha viaxe arredor do mundo grazas a disparidade de estilos musicais que nos atopamos nas cancións. Tanto é así que podemos escoitar xéneros tan diversos como é a muiñeira galega ou o "swing" americano, pasando pola salsa cubana, a música dos países celtas ou os ritmos balcánicos.

Este disco está cheo de sorpresas e conta coa colaboración de artista da talla de Óscar Ibáñez na "Alborada de Verín e Muiñeira de Piadela" ou o "Coro da compañía da fundación Mayeusis" que nos pon os pelos de punta coa súa aportación en "Amencer no Val" e "Señora Rosalía".

A edición física de "Rumbo NE" presentase en formato CD, onde se narra a historia dunha viaxe en barco na que a banda sonora son as propias cancións que forman o disco.


Que estamos a argallar?

A gaita galega entra no World Record Guinnes

A gaita galega entra no World Record Guinnes gracias a Álvaro Rúa que consegue dar a nota máis longa do mundo cun instrumento de vento.

Máis Info
Entrevista concedida a un dos magazines máis importantes do panorama musical

Os nosos directores, Dani e Álvaro, explican as bases musicais nas que se asenta a banda e presentan o primerio traballo de estudo: "Rumbo NE".

Ir á entrevista
Obra social

Este ano, Nova Era estivo moi activa nas actividades da vila e en eventos de carácter social como foi o IV aniversario do centro de Día "Solleira", os "Maios" ou o "VibraVerín".

Ver Fotos